16 fevereiro 2007
Editorial 9ª semana: Armas Baixo Control?

A Asamblea Xeral da ONU ven de aprobar unha resolución que debería ser o primeiro paso cara un tratado internacional de regulación do comercio de armas. Non pensen vostedes que houbo unanimidade, aínda que sí unha ampla maioría: votos a favor: 139; votos en contra: 1; non sabe/non contesta (me pregunto qué será o que non saben…): 24.
Adiviñen de quen foi o voto en contra (solucións na parte inferior).
Pero non nos rasguemos as vestiduras. Entre os que votaron a favor os hai que teñen máis rostro que lombo. Me pega, por exemplo, que a nosa España socialista, tan socialmente correcta, levantara a man a favor desta iniciativa. Agora terá que ver cómo cadra esta posición co feito de que nos últimos anos nos situaramos entre o décimo e o decimoquinto exportador mundial de armas, cunha producción que medra sen parar e que en 2005 acadou os 419,5 millóns de euros. Que se di axiña.
Pensen neso a próxima vez que se eleve, segundo o CIS, o noso nivel de benestar.
O 29 de decembro de 2006, o Consello de Ministros aprobou o proxecto de lei sobre o control do comercio exterior de material de defensa e dobre uso, coa teórica intención, entre outras, de aumenta-la transparencia do comercio exterior de armas. Sen embargo, como sucede frecuentemente en asuntos peliagudos, elaborouse unha proposta de mínimos, chea de ambigüedades e buratos.
Amnistía Internacional e Intermón-Oxfam, dúas das organizacións que no 2003 lanzaran a campaña Armas Baixo Control, elaboraron, xunto con Greenpeace, un documento chamado “Comercio de armas en España, unha lei con buratos”, no que fan as seguintes recomendacións de cara á tramitación do citado proxecto de lei:
1. Asegurar a máxima claridade e concreción do contido da lei, corrixindo as
disposicións ambiguas ou incompletas do proxecto
2. Establecer meirandes controis ao comercio exterior de material de defensa e dobre uso, tendo en conta as boas prácticas de outros países
3. Aumentar os niveis de transparencia da información oficial
4. Limitar a discrecionalidade da Xunta Interministerial Reguladora do Comercio Exterior de Material de Defensa e Dobre Uso (XIMDDU)
5. Desarrollar novos mecanismos de control parlamentario
Poden descargar o documento completo desde www.greenpeace.org.
En fin. Só me queda engadir que non lles merquen aos pícaros escopetas de vaqueiros nin avións de combate de “Gijoe”, nin os acostumen a ver pelis con exceso de salsa de tomate e, por suposto, lles veten os telexornais. No canto de levalos de caza, lévenos a ver páxaros, e cámbienlles o tirachinas por unha cámara de fotos. A ver se a forza de marxinar a violencia e as armas da nosa cotidianidade perdemos esta coraza de indiferencia e somos capaces de esixir ó noso goberno que exporte items con máis interese para o futuro dos paises receptores que semiautomáticas e heicópteros de combate.
(Solución á adiviña: USA, of course).