27 fevereiro 2007

 

Editorial 10ª semana: Cambia a túa vida para cambiar o clima



Parece que quedou demostrado: o clima está a cambiar pola influencia da actividade humana. O que parecía o home do saco dos ecoloxistas é agora un feito, tras un exhaustivo estudio, científico. Este cambio ten dous indicadores principais: aumento da concentración de ceodous atmosférico e aumento da temperatura global. Indicadores difícilmente mensurables polo ciudadano de a pé.
Se facemos caso das faladurías e dos medios de comunicación, en cambio, recoñecer o cambio climático estaba ao alcance de calquera. O outro dia oínlle dicir a unha señora que ela era consciente de que o clima estaba a cambiar desde finais da década do 1960. Impresionante.
A frivolidade coa que se toca o tema chega aos extremos da revista semanal “Mujer de hoy” que publicou unha infame reportaxe titulada “Dez cousas que ti podes facer para frear o cambio climático”. Como eliminar os CFCs da laca de uñas, digo.
Agora resulta que se chove, é polo cambio climático. E se fai sol tamén. Se xea, nunca xeara coma esta ano, e se fai calor, resulta a tempada máis calurosa desde os dinosaurios. Porque até que “comezou” o cambio climático, a metereoloxía estacional dos sucesivos anos era idéntica, inmutable, constante, predecible. En abril augas mil e punto redondo. E se agora ven un ano con abril seco, cambio climático.
Claro, botando a vista atrás só nos últimos 2000 anos estas teorías resultan absurdas. Porque si ben é certo que existen unhas pautas climáticas, que se detectan en series de non menos de trinta anos, non é menos certo que o clima é por definición cambiante. Así podemos entender que no século XI cultivaran vides en Escocia e laranxas no val do Eume, en que no século XVIII viviramos inmersos no que se denominou “pequena edade de xeo”. E así tamén podemos entender que tempadas climáticamente anormales botaran ao traste con civilizacións enteiras ou produciran hambrunas ou épocas de especial prosperidade.
Sen esquecer que hai anormalidades que entran dentro da normalidade, como o archifamoso “El Niño”.
Pero nesta época absurda na que as verdades se fabrican nas redaccións dos noticiarios, resulta que “El Niño” deste ano nin se menciona. Porque agora está de moda o cambio climático, e é o que hai que patrocinar.
Así que, que saiban vostedes, que por orde do señor alcalde se fai saber que todo canto sucedese a persoa ou animal, a río ou labradío, a nube ou ventoeira, todo canto se nos ocurra dicir que se sae da normalidade, aínda que non coñezamos a normalidade, se achacará oficialmente ao cambio climático. E ao carallo.
E algún interés andará detrás de todo esto, que xa nos imos coñecendo.

Comments: Postar um comentário



<< Home

This page is powered by Blogger. Isn't yours?