05 dezembro 2006

 

Editorial 1ª semana: 50 anos con Fidel


Xa van aló 50 anos desde o desembarco do Granma e moitas cousas cambiaron no mundo. As revolucións latinoamericanas (armadas e sen armar) que tentaron sacudirse de enrriba o peso das oligarquías e o colonialismo iankee tiveron a súa contra, a súa particular época de terror (“la dictadura convierte cada casa en una cárcel” dirá Galeano) e un camiño tortuoso cara unhas democracias demasiado deficitarias en democracia.
De todo o movemento de reformas sociais que axitou a América Latina nos últimos cincuenta anos, só parece quedar Castro. Sí, ben, dirán algúns, pero tamén Ortega volta á area en Nicaragua. Pero Ortega non é quen foi. E Castro, desde logo, non é quen pretendía ser. ¿Ou sí? Tentar xulgar desde un teclado a deriva dunha revolución que quixo facer un país libre e que rematou facendo un país “cual solamente puede ser libre en esta tierra y en este instante”, sería presuntuoso. E superficial.
O que é innegable é que a revolución cubana regalou a America Latina e ó mundo dúas xoias de fabuloso valor: o Che Guevara, con toda a súa humana contradicción, sen dúbida unha das figuras máis interesantes da segunda metade do século XX; e un espello onde poder mirarse aqueles que, á volta do tempo, están a darlle un novo xiro á política latinoamericana, ogallá que pensando nos máis desfavorecidos.
Agora que Fidel se vai acabando, Cuba ten que ollar cara un futuro novo. As vellas fórmulas esgotáronse: a da revolución armada como medio popular para sacudirse as tiranías; pero tamén, para qué enganarse, a das nosas pobres democracias representativas esclavas da economía do mercado global, que tan frecuentemente deificamos. Nin nunhas nin noutras deberá buscar Cuba o seu referente. Máis ben, se quixera, nas pequenas pero ricas iniciativas participativas dos paises empobrecidos, que non acadaron aínda o nivel de apatía dos países “postmodernos”, e que conforman un laboratorio social do que quizais - ¡meigas fora! - salirá a vacuna que nos salve de asfixiarnos de desidia.

Comments: Postar um comentário



<< Home

This page is powered by Blogger. Isn't yours?